Skip to main content
Xove

As festas de San Bartolo de Xove contarán con música e diferentes actividades

Por 10 Agosto, 2023Sin comentarios

O alcalde de Xove xunto coa concelleira de Cultura e os membros da Comisión de Festas presentaron o programa de actividades das Festas Patronais do San  Bartolo 2023.

Esta cita festiva celebrarase do 16 ao 21 de agosto e comezará o mércores a partir das 22.00 horas coa proxección ao aire libre da película O Que Arde, na Praza do Concello.

O xoves 17, ás 12.00 horas, será a quenda da actuación, na praza do Concello, do Mago Paco co espectáculo Hocus Pocus. Ás 20.30 horas terá lugar a lectura do pregón dás festas a cargo de José González Barcia “Chema” e ás 22.00 horas dará comezo o concerto da Penúltima con Tributo a Sabina.

O venres 18, a partir das 20.00 horas, haberá unha sardiñada popular animada pola Charanga de Neda, a degustación terá o módico prezo de 3 euros. Pola noite celebrarase unha gran verbena con orquestra Saudade e o grupo Salvajex.

Durante esta xornada tamén se celebrará un scape room A Maldición Pirata a partir de 2º de Primaria na OMIX.

O sábado 19, dará comezo a xornada con pasacalles a cargo da Banda Naval de Viveiro e os cabezudos da Asociación Cultural Saíñas. Ás 13.00 horas, haberá unha misa solemne cantada por un grupo de Escolma de Meus e procesión acompañada da Banda Naval de Viveiro. Ao finalizar os actos litúrxicos será a sesión vermú a cargo da orquestra A Favorita.

Ás 20.00 horas, o pavillón de deportes acollerá a actuación da Asociación Cultural Saíñas. Pola noite, fogos de artificio e verbena amenizada polas orquestras A Favorita e O Combo Dominicano e disco móbil Premium.

O domingo 20 pola mañá haberá pasacalles coa Banda CC.TT. Nuestra Señora  de la Misericordia e ás 13.00 horas oficiarase a misa solemne, amenizada por un grupo da Orquestra Clásica de Xove e da Escola Municipal de Música de Xove, seguida da procesión acompañada da citada banda. A orquestra Ritmo Joven será a encargada de poñer a nota musical na sesión vermú. Pola noite a verbena estará ameniza por Ritmo Joven e Gran Parada.

A última xornada festiva, a do luns 21 e festivo local, poñerá o broche final a estas festas o Día da Infancia con inchables na praza do Concello.