Skip to main content
Xove

Xove acollerá o X Torneo de pádel San Bartolo do 28 de agosto ao 3 de setembro

Por 12 Agosto, 2023Sin comentarios

Xove acollerá o X Torneo de pádel San Bartolo de Xove a vindeira semana, dende o 28 de agosto ao 3 de setembro, e terá as seguintes categorías: open masculina, open feminina e open mixta.

No evento repartiranse 1.500 euros en material deportivo en premios e o sorteo será o día 23 ás 14.00 na pista de pádel.

A inscrición pódese facer na oficina municipal de información xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de Activity 982 581 381.