Skip to main content
Lugo

A asociación de Veciños da Milagrosa pide a reparación de varios pasos de peóns

Por 8 Agosto, 2023Agosto 9th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, solicitan á concellería de Movilidad e Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo, que “proceda á reparación, o máis axiña posible, dos diferentes pasos de peóns, e máis concretamente, do pavimento dos mesmos”.

Nas fotografías que achegan realizadas todas a finais de xullo e principios de agosto do presente ano 2023, “pódese apreciar claramente a deterioración e mal estado do firme dos citados pasos de peóns, distribuídos, todo eles, ao longo do barrio da Milagrosa e Zona Norte da
cidade de Lugo” declaran.

Por todo esto dende a asociación “urximos á súa reparación, dada a relevancia que teñen, a fin de previr accidentes e garantir a seguridade viaria tanto para transeúntes como para viandantes” e agardan que “dita reparación se faga efectiva o máis axiña posible de tempo”.

Entre os pasos de peatóns afectados están os que conectan as rúa Ourense con rúa Anduriñas, Camiño Real con Concepción Arenal, Avenida da Coruña con rúa Islas Cíes ou Camiño Real con rúa do Esquecemento entre outros.