Skip to main content
Lugo

Publicadas as listaxes provisionais das axudas para libros de texto e material escolar da Consellería de Educación

Por 12 Agosto, 2023Agosto 13th, 2023Sin comentarios

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a publicación das listaxes provisionais das axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos. 

“Seguimos a traballar na mellora dos tempos deste trámite, que este ano contamos con ter rematado de cara ao inicio do curso escolar”, declarou Felipe Rivas, que engadiu “desde a concellería de Educación esforzámonos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos”.

A concellería de Educación avanza no procedemento que permite ás familias con baixos recursos optar a un dos 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a esta liña de axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 85% do IPREM. En total, a concellería de Educación atendeu a 723 solicitudes para estas axudas.

As listaxes provisionais poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, e o prazo de alegacións estará aberto ata o 28 de agosto, antes de elaborar as listaxes definitivas