Skip to main content
Monterroso

Monterroso acollerá esta fin de semana unha Feira de Oportunidades na rúa

Por 10 Agosto, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios da vila, convoca e participa na organización dunha Feira de Oportunidades os días 11 e 12 de agosto co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.

A idea é que estes dous días se leve a cabo a apertura dos comercios participantes na rúa para poder mover o stock almacenado, promocionando o consumo na vila. Os negocios poderán ocupar solo público durante os días 11 e 12 de agosto en horario comercial para poder desenvolver a actividade e exporán ao público os distintivos que lles proporcionará o Concello.

O Concello desenvolverá un sorteo de 450 € en 15 tarxetas regalo dos comercios participantes por importe de 30 € cada un, segundo bases que rexen a iniciativa.

Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 2 de agosto, por whatsapp no teléfono da traballadora de cultura (626 52 98 93), e presentar unha factura polo cheque regalo xunto co correspondente cheque regalo para o sorteo.

O Concello proporcionará aos negocios participantes as papeletas e urnas para desenvolver o sorteo, estes deberán cubrir o recadro correspondente para coñecer a procedencia das papeletas.

Non se poderán presentar ao sorteo os titulares dos comercios participantes, se son persoas físicas ou se os empresarios son persoas xurídicas, os socios, os seus familiares directos (cónxuxes, ascendentes ou descendentes en primeiro grado) ou os seus empregados, con papeletas obtidas por compras no seu propio establecemento.

Considéranse papeletas válidas as que conteñan todos os datos requiridos para la identificación dos participantes (nome, apelidos e teléfono) para así poder localizalos para realizar a entrega do premio.