Skip to main content
Monterroso

O programa de rutas de sendeirismo Goza do Ulla chega o día 26 a Monterroso

Por 20 Agosto, 2023Agosto 21st, 2023Sin comentarios

O programa de rutas de sendeirismo Goza do Ulla 2023 volve este ano con máis forza e estará ¡na comarca lucense o 26 de agosto en Monterroso.

A saída será ás 10.00 horas de diante da Casa Consistorial e terá unha hora de duración. As persoas que desexen participar deben enviar un correo electrónico a espazo.lorenzo.varela@gmail.com.

É preciso que indiquen o nome e un teléfono, así como o número de participantes. Tamén poden chamar ao 982 377 814 para anotarse.

Este proxecto ofrece un total de vinte rutas de sendeirismo para desfrutar con toda intensidade do río Ulla dende o pasado mes de xuño ata outubro.

Xa en setembro tocará Palas de Rei, exactamente o día 23, e poderase facer a ruta das Torrentes de 6 quilómetros. E o 22 de outubro será a quenda de Ulloando polo nacemento, un percorrido de 12 quilómetros.

O programa Goza do Ulla consolídase como unha iniciativa exitosa para fomentar o turismo sostible e descubrir a riqueza natural e cultural que alberga o río Ulla e os seus arredores.

A programación para o 2023

  • Dodro – Brañas de Laíño, 10 de xuño
  • Boqueixón – Roteiro de Pescadores e Río Grande, 22 de xullo
  • Vedra – Ruta de San Xoán da Cova, 6 de agosto
  • Pontecesures – Ollando o Ullán, 20 de agosto
  • Monterroso – A pena do corvo e o muíño do alemán, 26 de agosto
  • Rianxo – As tres cruces, 27 de agosto.
  • A Estrada – Os sons do Ulla, 2 de setembro
  • Agolada – A canle de Ramil, 9 de setembro
  • Vilagarcía – Do embalse de o Con ao miradoiro da Cruz de Xiabre, 10 de setembro
  • Vila de Cruces – Gres a Remesquide, 16 de setembro
  • Arzúa – Ruta da Fervenza das Hortas, 17 de setembro
  • Palas de Rei – Ruta das Torrentes, 23 de setembro
  • Silleda – Praia de Cira ata Couto do Castro, 24 de setembro
  • Catoira – Os muíños de vento e Camiño Real, 1 de outubro
  • Touro – Riberira do Ulla, 7 de outubro
  • Padrón – Polas beiras do Ulla, 14 de outubro
  • Teo – Ribeira teense do Ulla, 28 de outubro
  • Santiso – Cornella, 21 de outubro
  • Antas de Ulla – Ulloando polo nacemento, 22 de outubro
  • Valga – O Ulla entre telleiras e outros comercios, 28 de outubro