Skip to main content
Monterroso

A Peneda, de Monterroso, encheouse de xente para desfrutar do Cuirathlon

Por 26 Agosto, 2023Sin comentarios

A Peneda encheouse de xente para desfrutar dunha xornada moi divertida, o Cuirathlon, unha actividade dentro do Festival-Romaría Agrocuir 2023.

Teresa foi a encargada de recoller o sacho de ouro que lle outorgaron ás gañadoras do equipo da Aldea de Abaixo do Cuirathlon.

O festival continuará hoxe, sábado 26, pola mañá con obradoiros no Souto do Caracho, e pola tarde cantos de tabernas que animarán o ambiente polos establecementos da localidade.

As drags Meiga -i e Nenaza tamén amenizarán a xornada coa venda de rifas, que xa se poden adquirir a través da páxina web do festival: https://festivalagrocuir.wordpress.com. Pola noite estará o Neto do Rubio.

Esta nova edición máis reducida e cun formato con menos espazos na que “o festival volve a ser unha verbena, tal e como reflexa o deseño do cartel ”, explicou Marta Álvarez Quintero, membro do colectivo Agrocuir.

O escenario principal estará instalado na praza do Froito, e por el pasarán artistas do panorama nacional e galego, como  Bewis de la Rosa, Nelu Vermouth, Mondra, as Djs Saya e Nenaza, Neno do Rubio, ou As Lagartheira.

AXUDA LOCAL.

O Goberno local do Concello de Monterroso colabora cunha achega de 5.000 euros para a realización, organización e gastos da VIII edición do Festival Agrocuir da Ulloa. A maiores, o Concello sufraga o custo dun tráiler con baños a disposición dos asistentes para garantir as condicións de hixiene e salubridade por valor de 2.400 euros.

Entre os labores levados a cabo polo Goberno local para a celebración desta nova edición do evento atópanse a instalación da decoración polas rúas da vila, así como da Casa Consistorial e dos distintos espazos nos que se desenvolven as actividades. Leváronse a cabo tarefas de limpeza nos puntos nos que transcorre a celebración e tamén se colocou mobiliario, como cadeiras e mesas, e reforzouse o número de contedores naqueles puntos nos que se agarda unha maior afluencia de público.

Na zona do Caracacho, onde se desenvolven parte das actividades, o Concello de Monterroso habilitou diferentes billas para o consumo de auga, que tamén se puxeron na Praza do Froito, e colocou mesas e preto de 400 cadeiras para poder xantar.

O Goberno local colaborou coa organización da festa na difusión dun plan especial de tráfico, que estará en vigor hoxe venres e mañá sábado, para que todo transcorra con normalidade, permitindo o acceso aos garaxes aos residentes. O GES está a disposición do evento para os pasarrúas, así como para calquera emerxencia que poida xurdir.

Os responsables do festival teñen ao seu dispor o pavillón polideportivo do Espazo Lorenzo Varela para poder durmir, así como unha sala habilitada no centro para o seu uso por parte da organización.

Tamén se acondicionou a contorna do Espazo Lorenzo Varela para habilitala como zona de acampada para aquelas persoas que queiran montar as súas tendas.

Entre a colaboración prestada polo Goberno local está o uso por parte da organización da Praza do Templete e a preparación, limpeza e decoración da contorna, ademais da posta a disposición da Cúpula para poder empregala en caso de chuvia.

Ademais, os efectivos municipais encargáronse do movemento de pacas de herba seca desde Antas de Ulla ata diferentes espazos nos que foron colocadas a petición da organización, como o Caracacho ou a Peneda.

Este es el pie de foto - Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.