Skip to main content
Palas de Rei

O Son D’Aldea 2023, de Palas de Rei, celebrase os días 1 e 2 de setembro

Por 24 Agosto, 2023Sin comentarios

O Parladoiro de Arqueixal, na aldea de Santiago de Albá acolleu o acto de presentación da XII edición de Son D’Aldea. A este acto ssistiron á presentación o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, os integrantes da Asociación Son D’Aldea: Julio Vázquez Toural, Azucena Pérez Souto, Luis Novo Ouro, Luis Carreira Valín e Afonso García Penas.

Este ano o Son D’Aldea 2023 celebrase os días 1 e 2 de setembro, nas parroquías palenses de Curbian e Albá. O evento que ten como un dos obxectivos principais proñer en valor e recoñecer, dignificar e recuperar os alicerces da vida aldea.

Esta celebración lévase a cabo pola Asociación Son d´aldea, coa colaboración da Asociación cultural de veciños de Santiago de Albá, O Parzamique; Asociación cultural de veciños de Santo Xusto, Entreportas; Asociación cultural Buxaina, con Aqueixal e a Deputación de Lugo, o Concello de Palas de Rei, Caixa Rural, Xotramu, Metátese Teatro e Alentía Teatro.

Máis de cen actores e actrices de todas as idades, dirixidos por Afonso García Penas, conflúen nun intercambio de forza e coñecemento xenuíno, de varias xeracións e distintas procedencias (Santiago, A Estrada, Palas de Rei, Melide, Arzúa, Chantada, A Coruña, ….) interactuando entre si coa natureza , a aldea e o espectador, nun entorno senlleiro en Albá, Santo Xusto e Curbián.