Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXATaboada

A X Carreira Popular Taboada ‘Entre Pazos e Carballos’ terá lugar o 10 de setembro

Por 28 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

Este vindeiro 10 de setembro celebrarase a X Carreira Popular Taboada ‘Entre Pazos e Carballos’, unha carreira que mestura deporte, natureza e patrimonio organizada pola Asociación Cultural O Carballo.

A xornada comezará ás 10.00 horas coa carreira absoluta de 10 quilómetros, percorrendo diferentes paraxes do municipio de Taboada e ás 11.30 horas será a quenda das carreiras de categorías escolares, desde 100 metros a 1.500 metros. Tamén se celebrará o IX Circuíto Miño Ulla de Carreiras Populares.

As persoas interesadas en participar poderán facelo ata o vindeiro 8 de setembro e que lles deixará cun agasallo ecolóxico a todos os participantes, queden no posto que queden.

Ademais da carreira, as persoas que se acheguen a esta carreira, aínda que non participen, poderán degustar de forma gratuíta de varios produtos típicos da zona, que estarán expostos coa colaboración de diversos negocios.