Skip to main content
Monforte

Oito rúas de Monforte están sendo melloradas cun orzamento de case 170.000 euros

Por 9 Agosto, 2023Sin comentarios

Inícianse as obras de mellora do firme de oito rúas da cidade incluídas no plan desenvolto polo equipo de Goberno para rúas de titularidade municipal, en concreto, a Travesía da Veiga, o Camiño lateral ó Museo do Ferrocarril, e as rúas Irmandiños, Mato, Pontevedra, Ribeira, Curros Enríquez e Caneiro.

Neste senso, o alcalde supervisou o inicio do asfaltado da rúa Pontevedra, acompañado pola 1ª tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luís Losada e o investimento total para estas 8 actuacións de mellora ascende a 169.556,91 euros.

As actuacións enmárcanse dentro do proxecto de obras de mellora en 13 vías de urbanas e rurais que deu a coñecer hai unhas semanas o alcalde, e que contan cun investimento total de 297.800,63 euros.

José Tomé Roca, destaca que “iniciamos así neste novo mandato o desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o principio do meu mandato, e non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”.

Melloras das rúas

Un primeiro grupo de melloras correspóndense coas rúas Curros Enríquez, Pontevedra, Ribeira e Caneiro, que presentaban un firme da vía algo deteriorado e, polo tanto, aconsellábase unha actuación completa de renovación do firme de todas elas. Para elo, lévase a cabo o fresado de toda a superficie da vías, previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e por último, o pintado de marcas viais, de símbolos e cebreados.

Nestas catro rúas, o firme vaise facer a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor e as marcas viais reflexivas de 12 cm con pintura reflexiva e microesferas de vidrio. Esta misma pintura será utilizada para as marcas viais de símbolos e cebreados.

Ademais disto, na Rúa Caneiro, farase un recalce das tapas de rexistro na calzada con dado de formigón, para nivelar a rasante e colocar novas rexillas para a captación de pluriais. Trátase polo tanto dunha renovación completa do pavimento destas 4 rúas nun total de 852 metros lineais (297 metros na Rúa Curros Enríquez, 328 metros nas rúas Pontevedra e Ribeira e 227 m. na Rúa Caneiro). O investimento por rúa é de 37.706,45 euros na rúa Curros Enríquez, 39.929,93 euros na rúa Caneiro e un total de 41.164,11 euros para as rúas Pontevedra e Ribeira.

Pola súa parte, o Camiño lateral ao Museo do Ferrocarril presentaba un firme que aconsellaba unha actuación completa de renovación do mesmo, sendo necesario proceder ao fresado dos entronques iniciais e finais das vias mencionadas previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente.

Así, vaise proceder ao fresado do firme, ao barrido do firme nas zonas afectadas por medios mecánicos, e o firme farase con aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor e tamén se realizará o recalce das tapas de rexistro en calzada en dado de formigón. Trátase dunha renovación completa do pavimento deste Camiño, nun total de 367 metros, e conta cun orzamento de 23.831,89 euros.

Na rúa Travesía A Veigaprocédese á renovación completa do firme, abrindo a caixa, e colocando unha base de pedra en toda a superficie e ao extendido dun triple rego asfáltico. A intervención en 131 metros lineais conta cun orzamento de 10.852,90 euros.

Nas rúas Irmandiños e Mato renovarase completa do firme, unha delas vaise fresar nos entronques iniciais e finais pero a outra vaise fresar completa previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor. A intervención de mellora afecta a 183 metros lineais da Rúa Irmandiños e 90 metros na Rúa Mato, e supón un orzamento total de 16.071,63 euros.

O rexedor monfortino resalta que “estas 8 novas actuacións en rúas da cidade supoñen a continuidade do desenvolvemento dun ambicioso programa de melloras de infraestruturas urbanas e da rede viaria da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas e que veño de renovar tras o respaldo acadado nas recentes eleccións municipais, e no que non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”.