Skip to main content
Monforte

Monforte acolle a actuación do grupo de música tradicional galego Xacarandaina

Por 9 Agosto, 2023Sin comentarios

O grupo galego Xacarandaina actuará este xoves, 10 de agosto, na praza da Compañía de Monforte a partir das 21.00 horas, onde levarán a cabo a interpretación de pezas de música tradicional acompañadas de baile.

Esta iniciativa, promovida polo Concello de Monforte, encherá de música e baile tradicionais o centro histórico da cidade, desprazándose ata a rúa do Cardenal, onde farán unha nova actuación, e finalizarando na praza de España con novos bailes e música.

A actuación, organizada e patrocinada polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte e polo AGADIC da Xunta de Galicia, forma parte do programa do Verán Cultural do Concello de Monforte, dentro do ciclo “Danza3, Folklore na rúa”. O obxectivo deste espectáculo transmitirlles ós cidadáns a esencia e a riqueza das danzas tradicionais galegas, así como das músicas que as acompañan e do vestiario da época á que pertencen.