Skip to main content
Monforte

Isabel Rodríguez visitou dúas librarías de Monforte adheridas ao programa ‘Bono Xove’ do Goberno

Por 11 Agosto, 2023Agosto 13th, 2023Sin comentarios

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou as librarías Pelayo e Entrelibros de Monforte, dous establecementos adheridos ao programa Bono Cultural Xove do Goberno, que apoia o sector cultural da provincia, destinando 928.000 euros co Bono Cultural Xove.

“Reforzamos e impulsamos a recuperación dunha industria fundamental para a economía e o emprego en Galicia, que supón o 3 % do PIB galego e que, sen dúbida, é unha das fortalezas que temos como país”, afirmou a subdelegada.

Isabel Rodríguez, acompañada da tenente de alcalde, Gloria Prada, valorou a boa marcha do programa do Ministerio de Cultura e Deporte “do que xa se beneficiaron 722 lucenses nesta segunda edición, o 31,12 % dos posibles solicitantes da provincia”. Neste sentido, animou aos 2.320 mozos e mozas de 18 anos a que soliciten o Bono “e poidan gozar así das vantaxes de 400 euros destinados ao consumo de cultura”.

Así mesmo, subliñou que investir en cultura “é investir en educación, en formación e na consolidación dunha sociedade avanzada” por iso manifestou que espera que antes de que remate setembro todos os posibles beneficiarios soliciten o bono “e aproveiten esta magnifica oportunidade agora que estamos no verán, cunha oferta cultural ampla, variada e de calidade”.

Con respecto aos negocios adheridos, a subdelegada lembrou que sigue aberto o prazo e convidou ás empresas e entidades culturais da provincia a sumarse rexistrándose na web e pode solicitarse ata o 30 de setembro.