Skip to main content
Monforte

O alcalde de Monforte participou dos actos litúrxicos do día grande das Festas Patronais

Por 16 Agosto, 2023Sin comentarios

Este martes, 15 de agosto, a comitiva institucional de Monforte participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat, partindo ás 10.45 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa da Régoa, acompañados polo Grupo de Baile Tradicional e a Banda de Gaitas do Concello de Monforte.

A tradición tamén marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente, pero as obras de colocación da nova iluminación que se están levando a cabo nela, fixeron que os actos litúrxicos do 15 de agosto se trasladasen á igrexa da Régoa.

A chegada da comitiva oficial á igrexa da Régoa tivo lugar ás 11 horas e o párroco D. Rafael recibiu ao rexedor municipal. Así, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat. Deste xeito, tras a eucaristía, que foi cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte, celebrouse, no atrio da igrexa, unha ofrenda floral na que o Alcalde de Monforte depositou flores ante a Virxe.

Tras el, fixérono o resto de membros da Corporación Municipal e demais autoridades presentes, e deseguido, todos aqueles veciños e visitantes que quixeron render sentida homenaxe á Virxe. Tras elo, o Grupo de Baile Tradicional, ó son da Banda de Gaitas do Concello de Monforte, executaron diversas pezas de danza diante da Virxe. Tras elo, concluíron os actos de honra á Virxe.

Ademais destes actos, durante a xornada Monforte acolleu os Fogos de San Vicente e o concerto de Tanxugueiras.