Skip to main content
Monforte

Comeza o Ciclo de Concertos de Grupos de Monforte, no que haberá actuacións en tres localizacións da cidade

Por 23 Agosto, 2023Agosto 24th, 2023Sin comentarios

A segunda edición do Ciclo de Concertos de Grupos de Monforte organizado polo Concello comeza hoxe coa actuación de Cero 2 Cero ás 22.30 horas e Los Jinetes del Trópico ás 00.00 horas, ámbolos dous na praza da Estación de Monforte.

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e “dado o éxito acadado, volvemos a incluílo na nosa programación de verán de 2023, apostando decididamente por darlle protagonismo á actuacións de grupos monfortinos”, subliña o alcalde, José Tomé Roca.

Tres son as localizacións nas que once grupos monfortinos desenvolverán as súas actuacións musicais: a Praza da Compañía, a Praza da Estación e a Praza de España. Así, este mércores, o xoves, o vindeiro luns 28, o martes 29 e o mércores 30 de agosto terán lugar estes concertos.

José Tomé destaca que o ciclo é “unha aposta decidida do Concello por dar visibilidade e poñer en valor ós nosos grupos musicais, que ademais contarán cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”.