Skip to main content
Abadín

Abadín licita as obras en 9 camiños de seis parroquias

Por 7 Agosto, 2023Sin comentarios

O Concello de Abadín ten en licitación o proxecto para diferentes actuacións de protección do ambiente e do espazo natural nas parroquias da Graña de Vilarente, Labrada, Moncelos, Montouto, Quende e Seivane de Vilarente a cargo do Fondo de Compensación Ambiental, concretamente en nove camiños.

As actuacións propostas pretenden subsanar varias deficiencias detectadas na xestión medioambiental do municipio, mellorando unha parte da rede de comunicacións municipais, necesaria para manter os servizos públicos conectados e facilitando o acceso aos diversos puntos de interese medioambiental que se atopan pola zona de actuación.

O proxecto ten o obxectivo de mellorar o tránsito de persoas que viven e traballan neste entorno rural, fomentando ademais a realización de actividades didácticas, sostibles e respectuosas co medio ambiente.

Os traballos consistirán na limpeza de foxos, aglomerado en quente e pintura.

O orzamento total é de 307.744,06 euros e a actuación está dividida en tres lotes dependendo das parroquias e os prazos de execución son de dous meses ou de un.

As empresas teñen de prazo ata o 18 de agosto para presentar as súas propostas.