Skip to main content
Abadín

O Concello de Abadín mellorará os accesos de A Barqueira e Lidín

Por 11 Agosto, 2023Agosto 12th, 2023Sin comentarios

O Concello de Abadín ten aberta a licitación para contratar a execución das obras para a pavimentación dun viario que da acceso a dúas entidades de poboación da parroquia de Fanoi, A Barqueira e Lidín. 

As actuacións previstas para a mellora do pavimento deste camiño consistirán no estendido dunha capa de mestura asfáltica en quente tipo AC16 SURF 50/70 D de 5 cm de espesor segundo medicións e orzamento. Inclúese regularización previa coa mesma mestura segundo plano de sección tipo, medicións e orzamento.

Tamén se proxecta a limpeza de foxos para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar que produzan danos no pavimento do camiño, e se inclúe a sinalización horizontal da vía, así como o repintado do STOP existente no cruce coa estrada provincial. 

A execución dun badén de formigón con fibras no inicio do abanico para que canalice a auga de escorrentía dese camiño, pois ten moita pendente e ten bastantes arrastres que acaban no viario principal, tamén esta contemplado neste contrato. 

O prazo de execución das obras é de seis meses e deberán estar rematadas antes do días 6 de outubro de 2023.