Skip to main content
Abadín

Abadín acolle dúas xornadas de Cine na Rúa

Por 24 Agosto, 2023Sin comentarios

Abadín acolle durantes esté verán dúas xornadas de Cine na Rúa. 

A primeira terá lugar o vindeiro 25 de agosto ás 22.30 no Concello. 

Esta primeira proxección será a película infantil Minios, el origen de Gru. Son os anos 70 e Gru crece nun barrio residencial, en pleno boom dos peiteados cardados e os pantalóns de campá. 

Como fan incondicional dun famoso supergrupo de viláns, ‘Os salvaxes 6’, Gru idea un plan para demostrarlles que é o suficientemente malvado como para traballar con eles. Por sorte, conta coa axuda dos seus fieis seguidores, os Minions, sempre dispostos a sementar o caos por onde pasan. 

A segunda proxección será o venres 1 de setembro no colexio de Moncelos ás 22.30. 

Nesta acasión a pelícua proxectada será Matria, que trata sobre Ramona , unha muller de corenta anos que vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que haxa algo novo polo que vivir.