Skip to main content
Abadín

O PSOE de Abadín pide un pleno extraordinario sobre a atención sanitaria

Por 23 Agosto, 2023Sin comentarios

O PSOE de Abadín solicitan a celebración dun pleno extraordinario para que o alcalde e concelleiros como máximos responsables da administración local lles informen das xestións que se están a facer por parte do Concello pola falta de médicos no centro de saúde de Abadín.

“O grave deterioro da Atención Primaria no noso centro de Saúde foi o que nos levou xa o ano pasado a este grupo a unha campaña de recollida de sinaturas por todas as parroquias do concello para presionar”, lembran os socialistas.

“Ante esta grave perda de sevizos esenciais que se están a producir no noso concello e que está a supoñer o desmantelamento paulatino da nosa sanidade animamos a toda a veciñanza a presentar a oportuna reclamación neste enlace, no centro de saúde de forma presencial, na app do Sergas ou no teléfono 982 296 692.

Na moción que presentarán piden ao Concello que apoie a esixencia ao Sergas de que os pacientes que estaban no cupo do facultativo que se xubiou se distribúan permanentemente a outro doutor e que non recurte recursos humanitarios en Abadín.

Reclaman tamén unha declaración institucional para que se tomen as medidas necesarias “para acadar un servizo pediátrico suficiente e de calidade no noso concello”.