Skip to main content
Abadín

Convocan unha ruta en Abadín, dende Galgao ata Gontán

Por 29 Agosto, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 20 de setembro haberá unha andaina polo Camiño Norte de Santiago ao seu paso polo concello de Abadín.

Partirase ás 11.00 horas dende a igrexa de San Cosme de Galgao e rematarase na praza da feira de Gontán unha hora e media despois.

Ao finalizar a andaina agasallarase aos participantes cun diploma conmemorativo acompañado duns aperitivos, na nave de cristal de Gontán.

A ruta ten unha lonxitude de cinco quilómetros e é de dificultade media baixa.

Para inscribirse hai que facelo no concello, no teléfono 982 508 021.