Skip to main content
Abadín

‘Matria’ proxéctase este venres en Moncelos, Abadín

Por 31 Agosto, 2023Setembro 6th, 2023Sin comentarios

Este venres 1 de setembro, o colexio de Moncelos de Abadín acollerá a proxección da película Matria na que sobresae a personaxe de Ramona interpretada con braveza pola viguesa María Vázquez.

Esta proxección, que terá lugar ás 20.30 horas, está organizada polo Concello de Abadín.

Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredecible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara adentro e a pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir.