Skip to main content
Begonte

O Concello de Begonte abreo o prazo para as actividades socioculturais e deportivas do vindeiro curso

Por 16 Agosto, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte abre o prazo para inscribirse nas actividades socioculturais e deportivas do vindeiro curso 2023 – 2024 destinadas a nenos/as, mozos/as e adultos/as.

Entre as actividade ofertadas pódense atopar multideporte, natación, tenis, baloncesto, informática, costura, teatro, xadrez ou robótica entre outros.

O primeiro prazo de inscrición vai dende o 14 de agosto ata o 8 de setembro e publicaranse as listas de admitidos entre o 18 e o 29 de setembro.

O segundo prazo de inscrición vai dende o 8 ata o 19 de xaneiro 2024 e a publicación de admitidos/as será entre o 22 e o 26 de xaneiro.

As listaxes de admitidos/as poderán consultarse nas dependencias do Concello.

Para formalizar a matrícula será necesario entregar no rexistro das dependencias do Concello ou enviar pola sede electrónica (https://begonte.sedelectronica.es/info.1) a solicitude correctamente cuberta e asinada.

Anexar a certificación da conta bancaria co código IBAN do alumno/a inscrito/a ou do pai, nai ou titor/a no caso de que aquel/a sexa menor de idade.

O modelo de inscrición pode consultarse aqui e o tríptico de actividades aquí.