Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Novo éxito de participación na Festa da Xuventude de Friol

Por 27 Agosto, 2023Sin comentarios

Friol coilleitou un novo éxito na celebración este venres 25 de agosto da Festa da Xuventude.

A velada deu comezo ás 21.00 horas cunha gran churrascada e pancetada no Parque Rosalía de Castro, con pan e bebida.

A continuacón, deu comezo a verbena, na praza Andón Cebreiro, a cargo do grupo Claxxon e a orquestra Player’s, que actuaron ata ben entrada a madrugada coa participación da veciñanza.

O rexedor indica que “esta festa celébrase para a xente moza de Friol, principalmente, aínda que as portas están abertas para todos os veciños e veciñas que todos os anos achéganse ata a festa ese día, e para calquera persoa que queira visitarnos”.