Skip to main content
A Pastoriza

Bretoña acolle o sábado 26 de agosto a X Ruta do Cabalo

Por 20 Agosto, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

A Asociación Amigos do Cabalo Os de Bretoña organiza un ano máis a súa tradicional Ruta do Cabalo,que este ano será o sábado 26 de agosto na que será a X edición.

Esta proba, que non ten carácter competitivo, consiste nun  paseo a cabalo no que poden participar todos os que queiran sempre que se fagan responsables do seu propio animal.

A programación da xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción dos participantes no campo da festa de Bretoña para desfrutar dun almorzo gratis.

Ás 10.30 dará comezo a ruta, que se  prolongará ata as 14.30 horas e na que se fará unha parada a media mañá para beber.

Finalizarán esta concentación ecuestre cunha comida dos participantes no propio campo da festa, comida que estará amenizada por SP, The Sound Project.

Neste xantar poden participar todas as persoas que o desexen, vaian a cabalo ou non.

As persoas que desexen participar poden facelo nos teléfonos 697 697 395 e no 606 394 432. O último día para anotarse é o 23 de agosto.