Skip to main content
A Pastoriza

Recollen doazóns de sangue o sábado na Pastoriza

Por 25 Agosto, 2023Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará este sábado 26 de agosto no concello da Pastoriza, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 12.30 horas na praza do Concello da Pastoriza.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.