Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza retira varios niños de velutina en seis parroquias

Por 31 Agosto, 2023Sin comentarios

Traballadores do Concello de Pastoriza, coa colaboración da Xunta de Galicia, procederon na xornada estes días á retirada de varios niños de velutina que se instalaron en varios lugares das parroquias de Pousada, Gueimonde, Bretoña, Vián, Lagoa e A Pastoriza.

Estes niños son perigosos e se está procedendo á eliminación dos mesmos en toda Galicia xa que é unha especie invasora. Ademais, recoméndase á veciñanza que notifique a localización dos mesmos para que expertos procedan á súa retirada. Un destes niños estaba ás portas do colexio de Bretoña e urxía a súa retirada tralo inminente comezo do curso escolar.

Por outra banda, traballadores municipais xunto cunha motoniveladora, seguen a limpar as cunetas e o arranxo das pistas de terra nos camiños do termo municipal. Nestas últimos días estiveron traballando nas parroquias de Aguarda, Gueimonde, Saldanxe, Crecente e San Cosme de Piñeiro.