Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Supervisan as obras de Mondriz a Mosteiro que o alcalde critica por falta de seguridade

Por 4 Agosto, 2023Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisou, xunto a veciños de Rioxoán, en Pol, as obras de mellora e de sinalización das estradas autonómicas LU-750 e LU-760 ao seu paso por este municipio.

Así, a Xunta está a ultimar o acondicionamento da LU-760 co repintado de 9,2 quilómetros desde o seu inicio, no enlace coa N-640 en Mondriz (Castro de Rei), ata Mosteiro. Neste punto empata co tramo de seis quilómetros ata Rioxoán no que se se executaron recentemente obras de reforzo do firme, e completarase a intervención repintando a travesía deste núcleo, que corresponde á estrada autonómica LU-750 (Meira-O Cádavo).

O alcalde Pol, Lino Rodríguez Ónega, criticou as obras da estrada LU-760. Según di, a obra realizada nos seis quilómetros que unen Rioxoán e Mosteiro non mellorou a seguridade para os seus usuarios como se esperaba xa que non se quitaron as curvas que representan unha gran perigosidade para a circulación e que levaban demandando desde hai 16 anos.

Explica tamén que neste tramo coa obra realizada non queda tampouco lugar para colocar unha parada de bus ou un lugar para facer unha parada polo que supón un perigo para os usuarios.

Así mesmo, indicou que as obras que se fixeron non están ao nivel do tramo Ludrio-Mosteiro, onde realizaron un repintado.

Rodríguez Ónega explicou que se trata dunha “obra pobre” na que podería terse feito un mellor acondicionamento para beneficio dos usuarios.

“No ano 2007 había un proxecto para ampliar a ponte sobre o río Azúmara en Luaces e no río Valonga, na parroquia do mesmo nome. Chegaron a estar en exposición pública pero sen máis retiraron o  proxecto de igualar esta estrada coa de Ludrio.

O alcalde explicou que á recepción das obras non foi invitado por parte do Partido Popular, afeando a conduta da voceira do termo municipal.

Engadiu tamén que “a Deputación leva máis de 40 quilómetros de aglomerado nas vías, como o tramo de Suevos, Arcos, Caraño, Gondel e Torneiros-Hermonde; e non se fixo ningunha foto e a Xunta fai 6, e pobres, e o venden como se fose un gran logro”, engadiu o alcalde.

“Hai que pobar a rodadura dos tramos e entonces poderase ver a difernza que hai”, concluíu.