Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O SD Pol está a formar unha escola deportiva de fútbol

Por 8 Agosto, 2023Sin comentarios

O SD Pol ten como obxectivo este ano poñer en marcha unha escola deportiva  tras o primeiro paso dado coa creación do equipo xuvenil.

Así, estes días iniciáronse os adestramentos para os fútbol base nas instalacións municipais do campo artificial. Estas teñen lugar os mércores entre as 17.00 e as 18.00 horas.

O obxectivo é conformar equipos para as categorías de base, que corresponden a nenos nados entre os anos 2017 e o 2012. A capatación de xogadores está aberta para nenos e nenas destas idades de toda a comarca de Lugo e a Terra Chá.

As persoas interesadas poden inscribirse nos teléfonos 658 481 583 e no 653 535 936, onde tamén se lles informará das condicións e proxecto que teñen en marcha no club. O Pol dispón agora de novas instalacións coa reciente inauguración no centro da localidade dun novo estadio de fútbol de céspede artificial.