Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O Concello de Pol agasalla ás catro mulleres centenarias do municipio

Por 13 Agosto, 2023Sin comentarios

Pol rendeu unha homenaxe ás catro mulleres centenarias do termo municipal, que recibiron de agasallo unhas frores e a figura dunha vaca, coa que representan os pasado das catro, que se dedicaron ao campo durante toda a vida.

As homenaxeadas son Josefa Pena Carreira, que cumpriu os 100 este ano; Camila González Rielo, de 102 e natural de Silva; Amparo Vázquez Piñeiro, que ten 103 e naceu en Hermunde e María Antonia López López, de Baílle, con 104 e decana do concello.

Ademais, Pol conta tamén con 15 persoas maiores de 95 anos, “co que a lonxevidade en Pol queda manifesta”, asegurou o  seu alcalde.