Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

A Festa ao Emigrante de Pol acolleu a miles de persoas na Carballeira de Mosteiro

A XXXVIII Festa ao Emigrante de Pol reuniu a miles de persoas na Carballeira de Mosteiro nunha xornada festiva e de confraternidade na que participaron tamén o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves xunto ao alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega.

Esta cita rende “unha merecida homenaxe á veciñanza que tivo que emigrar e fomenta o arraigo a esta vila deles e dos seus descendentes, así como un orgullo de pertenza”, sinalou o representante provincial.

Ademais, trátase dunha celebración que impulsa económica e socialmente a localidade, factores que a Deputación de Lugo busca reforzar. Nesta edición foi a profesora Hortensia Díaz Blanco a encargada de ofrecer o pregón.

Tamén estivo na comida o delegado do Goberno, Pedro Blanco, quen puxo en valor a figura de tantos galegos e galegas que tiveron que emigrar en busca de oportunidades pero que sempre regresan á súa terra.

Ademais da comida, houbo festa e verbena toda a tarde con atraccións para os nenos pequenos, charanga para animar a festa e, ademais, Pol acolleu a Eliminatoria Copa Federación ás 20.00 horas na que se enfrontaron o R.C. Vilalbés contra o U.D. Somozas da Coruña, que rematou coa entrega do trofeo Concello de Pol.