Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Os nacionalistas renderon unha homenaxe ao emigrante en Pol

Por 28 Agosto, 2023Sin comentarios

Os nacionalistas de Pol promoveron un acto de homenaxe na honra òs emigrantes, con motivo das festas ò emigrante que organiza o Concello de Pol.

O acto consistiu nunha ofrenda floral na escultura sita na Carballeira de Mosteiro por parte de veciñ@s de Pol e comarca. Estiveron presentes Iago Rodríguez Carballo, María José Díaz, Manuel Vázquez, Manuel Pardo Díaz, Elvira Lombao Vila, Blanca Fernández Martínez, Óscar Carballés Balado, Jorge Alonso Pérez, Tino Díaz e Antom Labranha Barreiro.

Durante o acto o escritor Manuel Vázquez leu As ausencias do poeta polense Xesús Bermúdez Tellado – autor . Finalmente interviu Xosé Lois Leirós Gude, voceiro da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados, para falar das problemáticas actuáis dos emigrantes.