Skip to main content
Lourenzá

A XXXI Festa da Faba de Lourenzá xa ten cartel anunciador

Por 15 Setembro, 2023Outubro 6th, 2023Sin comentarios

O cartel da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro, é obra do artista mariñán Hipólito Xeada. Na presentación acompañaron ao pintor a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

Nos próximos días presentarase a programación do evento, que terá unha dedicatoria especial a Francisco Fernández del Riego, xa que se relerá o pregón que deu no ano 1998, na voz de Xulio Leal, actor do grupo Avelaíña Teatro, de Pontevedra. Tamén se contará coa presenza do Concello de Moeche como invitado institucional nesta edición.

Durante a celebración da Festa da Faba adoita facerse a concentración de scooters, motos e clásicas organizada pola Asociación Club VespaFaba & Clasicos Lourenzá.