Skip to main content
Mondoñedo

O auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo acollerá mañá a gala Mamá, quero cantar!

Por 8 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo e a Escola de Música están a organizar o concerto final da IX edición do certame de canto Mamá, quero cantar!. Será o sábado 9 de setembro ás 19.00 horas no auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo.

Nesta ocasión será coa participación de 11 alumnos e alumnas da Escola de Música, rapaces e rapazas nesta edición con idades comprendidas entre os  6 e os  11 anos, e que na súa meirande parte debutan nos escenarios.

Poden reservar entradas na Oficina de Turismo de Mondoñedo, teléfono 982 507 177, xa que como ven sendo habitual o aforo será limitado, e a entrada de balde.