Skip to main content
Mondoñedo

O Concello de Mondoñedo segue co Plan de Desbroces por todo o termo municipal

Por 9 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo segue co Plan de Desbroces que se está a levar a cabo durante estas semanas por todo o termo municipal.

O programa de actuacións preventivas do Concello planifica para este 2023 o desbroce en 110 hectáreas das 14 parroquias, que suman case 220 kilómetros de lonxitude de vías e camiños municipais a través dunha brigada e tractor, gracias a unha axuda da Xunta de Galicia solicitada por este goberno municipal.

Os traballos seguen en marcha en todo o municipio ata o 30 de setembro e a vindeira semana remata os desbroces das pistas asfaltadas.