Skip to main content
Mondoñedo

O Concello mindoniense reforza as medidas de control do uso da marca Horta de Mondoñedo

Por 23 Setembro, 2023Sin comentarios

O alcalde de Mondoñedo, Manolo Otero, presidiu unha reunión xunto ao concelleiro de Comercio, Alberto García, cos produtores autorizados para comercializar os seus produtos hortícolas baixo a marca ‘Horta de Mondoñedo’ para establecer as próximas liñas de traballo.

O goberno local aposta por reforzar o control do uso da marca que garante a procedencia dos produtos para evitar que se produza algún mal uso que poda danar a imaxe dos produtos e produtores autorizados, que cumpren co regulamento da marca.

Igualmente, está a traballar para impulsar novas medidas de promoción para dar a coñecer a marca, impulsada polo Concello co obxectivo de dar valor ás producións e crear postos de traballo. “Queremos seguir impulsando o noso territorio como un lugar de oportunidades, aproveitando os nosos recursos e o noso potencial”. Neste caso, os produtos da horta “recoñecidos e apreciados polos consumidores, o que constitúe unha vantaxe competitiva”.

O Concello de Mondoñedo, encargado da xestión da marca, continúa a poñer en valor os produtos locais da horta seguindo estratexias de calidade, “unha característica diferenciadora dos produtos da horta do noso municipio que contan con recoñecido prestixio”.