Skip to main content
Trabada

O Concello de Trabada organiza reunións veciñais sobre os orzamentos

Por 28 Setembro, 2023Sin comentarios

O goberno municipal do Concello de Trabada celebrará unha serie de reunións informativa coa veciñanza para discutir os orzamentos municipais do vindeiro ano.

Esta serie de xuntanzas, anunciadas pola alcaldesa Mayra García Bermúdez, comezarán o luns 2 de outubro ás 12.00 horas no teleclube de Vilaforman. Na mesma data e a partir das 16.00 horas a sesión trasladarase a Vilapena.

A seguinte sesión organizarase o mércores 4 de outubro ás 12.00 horas na parcela 119 na ría de Abres. Pola tarde, a partir das 16.00 horas a reunión dará comezo no teleclube de Sante.

O xoves 5 de outubro a xuntanza organízase ás 12.oo no centro cívico de Vilarbetote, mentres que a sesión da tarde será no de Trabadela ás 16.00 horas.

Durante segunda semana de outubro, as reunións para discutir os orzamentos trasládanse ao centro cívico de Vidal ás 12.00 horas e ao de Fornea a partir das 16.00 horas o lunes 9.

As últimas reunións terán lugar o mércores 11 ás 12.00 horas no centro cívico de Valboa e ás 16.00 horas na Casa da Cultura de Trabada.