Skip to main content
Vegadeo

A Deputación asistiu en Vegadeo á quinta edición de ‘Encuentros en el Eo’

Por 26 Setembro, 2023Sin comentarios

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu na casa da cultura de Vegadeo á quinta edición de Encuentros en el Eo.

Este cumio ten por obxectivo desta cita reforzar os lazos entre as comunidades de Galicia e Asturais e atopar vías de diálogo que garantan a prosperidade dos dous territorios.

Na cita participaron os presidentes da Xunta, Alfonso Rueda, e do Principado de Asturias, Adrián Barbón, que debateron sobre o actual escenario  político, a cooperación entre ambos territorios, o turismo, a industria, proxectos europeos, infraestruturas e os retos que afrontan as dúas comunidades a medio-corto prazo.