Skip to main content
Xove

Aberto o prazo para a XII Edición do Encontro de Palilleiras de Xove

Por 6 Setembro, 2023Sin comentarios

O sábado 7 de outubro celébrase a XII Edición do Encontro de Palilleiras Coas nosas mans do Concello de Xove. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 30 de setembro.

Lembran que os postos de venda deben facer a súa inscrición cubrindo a súa correspondente solicitude para posto de venda, e enviala ao correo electrónico encontropalilleiras@xove.es

As asociacións poden inscribirse a través da súa solicitude específica no mesmo correo anterior, ou ben a través do teléfono do Concello 982 592 001.