Skip to main content
Xove

O programa Xove Concilia Verán chegou ao seu fin coa participación duns 80 nenos

Por 6 Setembro, 2023Sin comentarios

O programa Xove Concilia Verán, que comezou o pasado 26 de xuño, chegou ao seu fin coa participación duns 80 nenos os cales participaron en distintas actividades.

Durante este período, e en horario de 9.00 a 14.00, o programa traballou os valores, a igualdade e a xestión das emocións os nenos e nenas estiveron en contacto cos contos, os xogos, debuxos e tamén algunha película.

Participaron en diversas manualidades utilizando a súa creatividade e utilizaron tamén material de refugallo co obxectivo de aprender a reutilizar e a dar un novo uso.

Así mesmo participaron en xogos predeportivos e de motricidade, estes últimos para os máis pequenos sobre todo. Asistiron a actividades coma o mago Paco e o escape room La Maldición Pirata.

Ao remate do programa Concilia verán fíxose entrega a cada neno e nena do seu diploma correspondente.