Skip to main content
Xove

Os socialistas de Xove pide dar unha solución “ao grave problema da auga no municipio”

Por 10 Setembro, 2023Sin comentarios

O grupo socialista de Xove presentou no Pleno unha moción para tratar de dar unha solución “ao grave problema da auga no municipio”.

Así, os socialistas din que o concello ten dous problemas relacionados co abastecemento de auga potable, “en canto hai algo de sequia hai que restrinxir o subministro por falta de auga e en canto chove a auga chega os domicilios chea de barro”.

“Esta situación leva varios anos sucedendo sin que o Goberno Local, que leva 16 anos gobernando Xove aportara ningunha solución”, di Rogelia Mariña do PSOE de Xove.

Piden que un equipo de técnicos independentes faga un estudio da situación e en base as conclusións ver cales son “as accións que hai que acometer para resolver xa o tema de ter una auga de calidade e que non chegue barro as billas das vivendas, e a outra e ver que obras e melloras hai que acometer para que cada verán non sexa necesrio restrinxir o subministro de auga os veciños e veciñas de Xove”.

“Pois ven o Sr. Demetrio aínda que recoñece e di que comparte este criterio, vota en contra e promove unha comisión, di de técnicos e grupos políticos para ver que se fai”, engade Mariña.