Skip to main content
Xove

Xove acollerá diferentes charlas para falar sobre os biorresiduos

Por 16 Setembro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

O Estado Español propuxo unha modificación da Lei de Residuos na que se obriga aos concellos de máis de 5.000 habitantes a facer a recollida separada da fracción orgánica de residuos domésticos, a partir do 31 de decembro de 2020, e no resto dos casos, antes do 31 de decembro do 2023.

Así o salón de actos do centro cívico de Xove acollerá diferentes charlas para falar sobre a recollida selectiva dos chamados biorresiduos.

Serán os mércores de 19.00 20.00 e de 20.00 a 21.00 horas, e comezarán este mércores 20 de setembro, seguirán o 27 e despois o 4 de outubro.

Con esta iniciativa búscase conseguir os máis altos niveis de reciclaxe dos desperdicios domésticos e avanzar hacia un modelo de xestión de residuos máis eficiente e na liña marcada pola chamada economía circular que aboga por darlle unha nova vida aos residuos convertíndoos en recursos antes da súa reincorporación ao ciclo productivo.