Skip to main content
Xove

O Concello de Xove vai crear unha nova ruta litoral pola costa

Por 21 Setembro, 2023Outubro 4th, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove vai crear unha nova ruta litoral pola costa dende a praia de Esteiro á ensenada de Muiñelo e de punta Meitón a punta da Mansa.

A obra ten por obxecto conectar varios puntos de interese turístico e de paso crear unha ruta litoral de sendeirismo por unha zona privilexiada dende o punto de vista paisaxístico no entorno da praia de Esteiro na parroquia de Xuances.

Coa realización da actuación que se pretende levar a cabo, facilitárase o disfrute dos visitantes, poñendo en valor o espazo natural de modo compatible ca súa conservación.

A obra ten un orzamento de 73.664,97 euros e está sendo realizada pola empresa Marcor Xove S.L. , a cal ten un prazo de execución de 23 días. Conta cunha subvención do 90% por parte da Dirección Xeral de Turismo, sendo o 10% restante por conta do Concello.

Sinalar que o Concello de Xove conta con diversas praias e puntos de interese, entre elas encontrase a praia de Esteiro, a ensenada de Muiñelo, punta Meitón e punta da Mansa que forman un conxunto tranquilo e apto para aqueles que queren fuxir das aglomeracións doutras praias e zonas masificadas, posto que se encontran nun enclave pouco urbanizado. A praia de Esteiro, de Bandeira Azul, e considerada polos surfeiros como una das mellores praias para a práctica deste deporte, o que implica o aumento do turismo na zona, provocando un incremento na demanda de accións para disfrutar do litoral.

A costa de Xove encontrase incluída na zona denominada Costa da Mariña Occidental da Rede Natura 2000. Este espazo natural está protexido como Zona de Especial Conservación e Zona de Especial Protección para as Aves. Toda actuación que se leve a cabo deberá aterse o establecido no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia.