Skip to main content
Xove

Profesores da Escola Municipal de Música de Xove fixeon dous concerto didácticos

Por 22 Setembro, 2023Sin comentarios

O ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán e o do IES Illa de Sarón, ambos de Xove, acolleron un concerto de promoción da Escola Municipal de Música.

Así, cinco profesores da sscola realizaron un pequeno concerto didáctico en cada un dos citados centros educativos. Con estes dous concertos abríronse as actividades do curso 2023-2024.

Os mesmos tiveron unha dobre finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outro, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se inscriban na Escola de Música, dado que a preinscrición inda non remata ata finais deste mes de setembro.

Así mesmo, o venres 29 de setembro, ás 16.00 horas terá lugar a presentación oficial do curso 2023-2024, acto que se vai realizar na sé da Escola en Palmeiro, ao cal están invitados tódolos pais e alumnos da mesma.