Skip to main content
ES-LUGOXAPublirreportaje LUGOXA

Prevese para fin de ano que a mocidade galega complete uns 6 millóns de viaxes gratis

Por 10 Setembro, 2023Setembro 28th, 2023Sin comentarios

Case 150.000 mozos teñen a tarxeta Xente Nova e viaxan xa gratis en transporte público por Galicia, aforrando en total case medio millón de euros ao mes.

A final de ano, os mozos e mozas galegos menores de 21 anos terán realizados arredor de 6 millóns de viaxes gratis no transporte público autonómico, 1 millón máis que en 2022.

Estas viaxes englóbanse na campaña Móvome, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia para o fomento do uso do transporte público, especialmente entre os menores de 21 anos; co obxectivo de contribuír a consolidar un modelo de mobilidade máis sostible, accesible e económico para o conxunto da cidadanía.

Actualmente, son 150.000 os mozos e as mozas que viaxan de balde en transporte público por Galicia, polo que se estima que lograron unha media mensual de aforro neste ano 2023 de case medio millón de euros.

A Xunta de Galicia destina cada ano 100 millóns de euros ao transporte público da súa competencia, é dicir, 300.000 euros cada día.

Xunto a esta medida e para seguir impulsando o transporte público, renováronse preto de 3.500 liñas de transporte interurbano, levando o autobús onde antes non chegaba e implantando novas modalidades, como o transporte compartido e baixo demanda.

Así, completáronse os traballos do Goberno galego coa renovación das infraestruturas, poñendo en servizo as novas estacións intermodais nas cidades e facilitando a intermodalidade nas vilas.

TARXETAS

A isto hai que engadir os incentivos económicos directos que a Xunta aplica a través das tarxetas de Transporte Público de Galicia, así como as bonificacións en marcha desde hai máis dun ano que chegan ao 50%.

Así, no primeiro semestre do ano, o transporte público de titularidade da Xunta rexistrou 18 millóns de viaxes, un 17% máis que no mesmo período de 2022. Co avance do verán, este incremento continuou en progresión, acadando un 30% máis de viaxeiros en xullo que no mesmo mes de 2022.

A campaña fundamenta esta acción de impulso do transporte público perseguindo tres obxectivos: o contexto climático, xa que cómpre reducir os niveis de contaminación; a dispersión da poboación, que require dunha oferta de servizos que garanta a mobilidade, e o encarecemento dos combustibles.

A Tarxeta Xente Nova

No 1º semestre do ano, o transporte público autonómico rexistrou 18 millóns de viaxes, un 17% máis que en 2022, e co avance do verán este incremento acadou un 30% máis de viaxeiros en xullo que no mesmo mes do ano pasado

  • As vantaxes da tarifa Xente Nova aplícanse ás viaxes interurbanas dos menores de 21 anos en toda Galicia. Con ela, estes poden viaxar gratis no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino.
  • Permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas.
  • Está dispoñible para mozos e mozas de entre 4 e 20 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando se cumpren 21 anos pódese seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
  • Coa Tarxeta Xente Nova saen gratis as viaxes interurbanas no transporte público da Comunidade Autónoma de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino. Ademais, tamén se pode viaxar gratuitamente nos barcos dos servizos Cangas–Vigo e Moaña–Vigo, así como no tren metropolitano en Ferrol.
  • A Tarxeta Xente Nova é expedida por Abanca nunha serie de oficinas espalladas ao longo do territorio.
  • Para viaxar coa Tarxeta Xente Nova cómpre ter saldo abondo, polo que inicialmente deberá cargarse o saldo das viaxes que se vaian realizar. O que se gaste na viaxes será devolto.
  • Recargar a tarxeta é moi doado. Pode facerse nos caixeiros de Abanca ou nas oficinas habilitadas, co móbil ou cun ordenador na Banca Móbil e/ou Banca Electrónica de Abanca.