Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Os clubs deportivos están convocados a unha reunión sobre as obras do Anexo

Por 13 Setembro, 2023Sin comentarios

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes Efrén Castro manterá o vindeiro luns -18 de setembro – unha reunión informativa cos clubs de baloncesto de base de Lugo que usan as pistas do Anexo para adestramentos e encontros. Estudiantes, Ensino, Franciscanos, Sagrado Corazón, Maristas e CB Cidade de Lugo foron convocados a esta xuntanza, na que se explicará a última fase da renovación do recinto deportivo, coa instalación do novo pavimento.

Nas últimas semanas, as tarefas centráronse na renovación das paredes laterais, coa retirada dos paneis de madeira e o pintado dos muros, e na impermeabiliazación do edificio. Habilitaronse aliviadeiros nos canlóns exteriores e estruturas interiores de reforzo, para paliar filtracións de auga que poidan deteriorar o novo pavimento.

As obras, que comezaron o pasado mes de xullo, supoñen un investimento de 320.000 euros.