Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Lugo acollerá a fin de semana a Copa Galicia Sénior de baloncesto masculino

Por 14 Setembro, 2023Sin comentarios

A cidade de Lugo reunirá á elite do baloncesto galego masculino esta fin de semana coa disputa da edición número 37 da Copa Galicia Sénior Masculina.

Esta nova cita coa Copa vivirase no Pazo dos Deportes, baixo a organización da APSX Sagrado Corazón, e levará tamén consigo á cidade da muralla un nutrido grupo de actividades paralelas que completarán unha fin de semana de puro baloncesto galego.

O sorteo de calendario da competición realizouse o pasado 31 de xullo na sede central da Federación Galega de Baloncesto deparando unhas semifinais que enfrontarán na xornada do 15 de setembro a Río Breogán e Club Ourense Baloncesto ás 20.30 horas e a Monbus Obradoiro e Leyma Coruña ás 18.00 horas.

A final, cos vencedores de ambos os encontros, queda marcada para o domingo, 17 de setembro, ás 17.15 horas.