Skip to main content
As NogaisBarallaBecerreáO Corgo

O domingo 8 de outubro haberá unha Xornada de Irmandamento León-Lugo

Por 30 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O domingo 8 de outubro haberá unha Xornada de Irmandamento León – Lugo que comezará ás 10.00 horas coa chegada do grupo de León a Las Herrerías e plantarán a rosa peregrina.

Ás 11.00 horas farán un paseo polo bosque dos Grobos, nas Nogais, e máis tarde sairán ata Becerreá, un camiño de aproximadamente 8 quilómetros.

Visitarán a Ponte Cruzul e o Mosteiro de Penamaior, e plantarán outra rosa peregrina en Becerreá e irán en bus ata Baralla a plantar outra rosa. Xa ao mediodía farase o xantar no restaurante Fonte da Salud onde despois haberá faladoiros e un bingo solidario.

Hai prazas limitadas e a data límite de inscrición é ata o 4 de outubro.