Skip to main content
Monterroso

O Concello acomete traballos de mantemento na Escola Infantil de Monterroso antes do curso escolar

Por 1 Setembro, 2023Setembro 8th, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso acomete traballos de pintado e mantemento na Escola Infantil Municipal antes do inicio do curso escolar.

As actuacións, que financia o Goberno local, consisten no repintado das instalacións, as como en traballos de reparación do mobiliario e mantemento para que todo estea a punto para a reapertura.

O centro, que prevé abrir as súas portas na vindeira semana, atende a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Aínda hai prazas libres para aquelas familias que desexen cursar a matrícula.

Os horarios serán consensuados coas familias en función das súas necesidades. Pódese obter máis información achegándose á Escola Infantil Municipal.