Skip to main content
Monterroso

Os pequenos de Monterroso contarán neste curso escolar cos Almorzos Saudables

Por 6 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso vén de informar que lle ofrecerá ás familias a posibilidade de anotarse nos Almorzos Saudables, que terán lugar de luns a venres de 8.30 horas ata o inicio das clases.

O servizo comezará a prestarse o vindeiro mércores 13 de setembro co inicio do curso escolar. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo desde hoxe mesmo no Concello de Monterroso.

Con esta iniciativa preténdese axudar na conciliación da vida familiar e laboral, así como fomentar un almorzo san e equilibrado entre os nenos e nenas.