Skip to main content
Monterroso

O Concello de Monterroso abre o luns o prazo de matrícula nas actividades de inverno

Por 8 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso abre o luns ás 15.30 horas o prazo de matrícula nas actividades de inverno. As persoas que precisen máis información poden dirixirse ao Espazo Cultural Lorenzo Varela.

Estas actividades engloban as escolas deportivas, deporte para adultos, as aulas da 3ª idade e a escola de música.

Os prezos das actividades varían en función de se é para nenos ou adultos, así, as actividades deportivas infantís son a 20 euros un deporte, si se escollen más deportes o prezo varía, ao igual que por irmáns.

Nas de adultos o prezo por 2 horas e unha actividade é de 25 euros e 1 hora 14 euros. Tamén se reducirán ao coller máis actividades.

No relativo ás musicais é un instrumento 40 euros, e nas aulas da terceira idade serán 45 euros pola matrícula e 5 euros por cada unha que se sume.

A información completa pode consultarse no enlace.