Skip to main content
Palas de Rei

Catro días de celebración e diferentes espectáculos musicais para as patronais de Palas de Rei

Por 10 Setembro, 2023Sin comentarios

Palas de Rei celebrará as súas festas patronais os vindeiros 14, 15, 16 e 17 de setembro de 2023. Durante estes catro días de celebración contarán con diferentes orquestras.

Así o 14 ás 13.00 horas oficiarase a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Palas de Rei, seguida do pasacalles a cargo dos Satélites e o dúo Eclipse.

O venres 15, ás 19.00 horas o grupo El Borrón del Escribano actuará na Praza do Concello e máis tarde será a verbena a cargo da orquestra Olympus e o dúo Estrelas. Este día ás 20.30 horas eserá a Milla Urbana.

O 16 haberá unha actuación da Banda de Música de Antas de Ulla na praza do Concello ás 13.30 horas, e á 20.00 horas será o Festival de Danzas e Músicas Tradicionais que contará coas actuacións de Palacio do Rei e Fonte de Merlán. Máis tarde será a verbena cos grupos Origen e dúo Tropical.

A última xornada festiva, o 17, comezará ás 17.00 horas coa celebración do Día do Neno. Ás 19.00 horas, poderase gozar co concerto da Banda de Gaitas e Baile Coribantes. Para poñer o broche final, pola noite será a gran verbena a cargo da orquestra París de Noia e Dj Panu.